Recollida de Mobles e Aparellos

Está prohibido depositar os mobles e outros aparellos nos espazos públicos ou nos colectores de restos, para que sexan retirados polos camións de recollida domiciliaria. Se se desexa unha recollida puntual, poderá solicitala a través das seguintes canles: por teléfono 981565469 (10:00-14:00 de Luns a Venres) presencialmente nas Oficinas Municipais de Urbaser en vía Edison 48, polígono do Tambre. Tamén poden depositarse nos Puntos Limpos Fixos e, así como en Puntos Limpos Móbiles (só para o caso de pequenos electrodomésticos). Destinatarios Particulares e Organismos públicos municipais (exceptúanse empresas e industrias). Importe Gratuíto. Para recollida a domicilio: Facilitar os datos personales*. Teléfonos de contacto. Horario para localizar os solicitantes. Contactarase principalmente pola mañá co cidadán. Relación de aparellos que han de retirarse.

981565469

tel. 981565469