Punto Limpo Móbil no CEIP Monte dos Postes

Hoxe o Punto Limpo Móbil achegouse ao CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela onde perto de 400 alumnos foron visitando o vehículo compartimentado para recibir o aporte de diferentes residuos.

Durante esta etapa de formación dos escolares os profesores traballan en proxectos de divulgación e de prácticas medioambientais sustentables, para que, unha vez adultos, estes estudantes saiban e coñezan o valor da reciclaxe e se convirta así nun hábito ao longo da súas vidas.

O #puntolimpomobil non deixa de ser outro elemento válido para traballar dun xeito ameno e diferente o tema da reciclaxe na escola facendo partícipes desta actividade aos estudantes, coordinadores e profesores do centro e solucionando as dúbidas que moitas veces nos xorden á hora de tirar os resíduos a un ou outro colector.  #urbaser #limpiezaurbanacompostela

CEIP MONTE DOS POSTES PLM1 CEIP MONTE DOS POSTES PLM2

Publicado en Notícia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>