Programa Educativo. “SANTIAGO RECICLA”

URBASER S.A. conta cun Programa Educativo de visitas guiadas dirixido aos centros de ensino de Santiago de Compostela, ás Escolas de Maiores e ás Asociacións Veciñais e en xeral a todos os grupos e asociacións interesados en coñecer as súas instalacións.

Os grupos son de 20-25 persoas como máximo ao día, cun ratio educador/grupo de 1/25.

A visita dura 2 horas (en horario de 11:30 a 13:30 h) durante as cales se verá o funcionamento do punto limpo, se percorrerán as instalacións e se poderá ver como se realizan as achegas dos cidadáns en cada colector específico para cada residuo.

Para facer a reserva da actividade existen dúas opcións:
1. A través do Programa SANTIAGO RECICLA do Concello de Santiago de Compostela e Urbaser. Chamando ao número de teléfono 981565469.

2. Mediante reserva on-line da data desexada de visita (nesta páxina web a través do contacto da web). Solicitando unha visita para o seu grupo e que esta será respondida cun Confirmación de Inscrición.

– Esta actividade é gratuíta.
– O transporte ás instalacións corre a cargo do centro/grupo que solicita a actividade.
– O grupo pode aproveitar a visita ao Punto Limpo para depositar de forma selectiva residuos domésticos (consultar ao facer a reserva).