Planificación

Urbaser Santiago de Compostela

Urbaser Santiago de Compostela

Unha vez coñecidos os aspectos físicos da cidade, a tipoloxía dos residuos existentes nas vías de comunicación e as cantidades de residuos esperables en función da orixe destes, débese planificar o servizo de limpeza viaria.

A planificación abranguerá dous niveis, definición dos servizos e coordinación destes.

Na definición dos servizos concrétase a:

-división das distintas áreas dos núcleos.
-división das áreas segundo os servizos. Os devanditos sectores serán compensados segundo o tipo de servizo asignado
-definición do equipamento e persoal necesario para a realización dos servizos planificados

Para a definición do equipamento utilizaranse as características dos núcleos e as cantidades e tipoloxía dos residuos a recoller, xa que a optimización do servizo non recomenda a utilización de maquinaria en zonas que non sexan adecuadas a esta. Os datos a utilizar nesta definición obtéñense dos traballos de campo.

Para a definición do persoal tense en conta entre outros os:
.servizos a realizar
.rendementos dos equipos a utilizar
.tempos de desprazamento
.tempos mortos
.rendementos esperables de cada un dos servizos

É importante sinalar que os rendementos das actividades de limpeza viaria son directamente proporcionais ao tempo nelas empregado. Ej. a calidade de varrido e aspiración é máis alta segundo diminúe a velocidade de marcha dunha varredora de beirarrúas.

Da experiencia obtida na contrata de limpeza de Santiago de Compostela e actualmente en explotación, débense de dimensionar os percorridos diarios tendo en conta o nivel de residuos a eliminar, pois só desta forma se poden considerar efectivos os servizos.

A coordinación dos servizos de limpeza é o segundo labor da planificación que ten como obxecto fundamental maximizar o potencial dos servizos anteriormente formulados, de forma que cos mínimos requirimentos de persoal e equipamento máis axeitado, se consiga o nivel de limpeza desexado