Plan de Servizos

FORMULACIÓN|PRESENTACIÓN

Urbaser Santiago de Compostela

Urbaser Santiago de Compostela

O que xenericamente designaremos como SERVIZOS DE LIMPEZA e RECOLLIDA DE RESIDUOS comprenderá todos aqueles traballos realizados mediante diferentes modalidades (varrido, baldeo,…) e prestacións (manual, mecánico ou mixto) e outros servizos complementarios encamiñados a conseguir un grao de limpeza das vías públicas do Concello de Santiago de Compostela, que proporcionen un nivel de calidade de vida axeitado ao cidadán. É importante destacar que o trazado urbano, anchura ou estreiteza das rúas, pendente e estado do pavimento etc., son determinantes á hora de formular unha axeitada combinación de servizos de limpeza. O estado e disposición do aparcadoiro nas rúas constitúe un grave inconveniente por canto os medios a aplicar deben ser preferentemente manuais, o que aumenta os custos e diminúe o rendemento. A nosa longa experiencia no campo destes servizos fainos perfectos coñecedores da importancia que teñen as características das vías públicas na realización dos servizos de limpeza. Por iso un equipo de técnicos realiza puntualmente “in situ” un estudo exhaustivo das rúas da zona co fin de ter en conta á hora de definir os diferentes servizos as características mencionadas. Baseándonos nestes estudos, definíronse a organización dos distintos equipos e servizos, para o cal se consideraron todos os factores definitorios no ámbito da Limpeza Viaria; a composición, estrutura urbanística e poboación; os puntos especialmente produtores de residuos, mercados, festas patronais etc., as zonas verdes e aparcadoiros e en xeral todos aqueles parámetros afectados nunha cidade vivan como é Santiago e en constante evolución. Cos datos e condicionantes anteriormente expostos efectúase un estudo detallado dos aspectos demográficos, construtivos, ambientais, etc., desenvolvendo a proposta para a realización do Servizo Público de Limpeza Viaria do Concello, nos seus diferentes aspectos diarios: servizos a realizar, sectores de limpeza, frecuencia dos servizo, horarios, dotación de persoal e material necesario reflectidos no Plan de Traballo de Diario. A modificación de hábitos e costumes sufrida nas cidades no último século e principalmente dende a década dos 70, co seu importante pulo industrializador, formularon nas cidades actuais a necesidade de servizos de carácter municipal, que se encarguen de paliar na medida do posible, as consecuencias negativas do desenvolvemento urbano sufrido. Resulta moi complicado definir o que se entende por unha rúa limpa. Considérase que unha rúa está limpa cando non vemos terra, papeis, follas, manchas de graxa e cando a cantidade de po non supera un límite razoable. O nivel de limpeza desexable, por estética e por hixiene, varía segundo a zona e os arredores; por exemplo, débese esixir unha absoluta limpeza, sen po apreciable, nunha rúa onde exista un monumento artístico. En cambio, pódese tolerar certo nivel de po nunha rúa lindante a un parque. Polo tanto son os Técnicos Municipais os encargados de determinar o nivel desexado para cada zona ou en cada rúa segundo as causas que concorran. O servizo de limpeza viaria debe concibirse como o esforzo público para conseguir o mellor aspecto posible da cidade e impedir a degradación do medio urbano, fundamentalmente na parte que afecta ao devandito servizo que é a limpeza das rúas, prazas e parques, así como a eliminación inmediata dos residuos que poidan aparecer na vía pública. Todos os traballos realizados dentro do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos están orientados a conseguir unha mellor imaxe da cidade tanto para o cidadán coma para o visitante, pero fundamentalmente un efectivo servizo de limpeza viaria redundará nunha mellor calidade de vida para todos os cidadáns.