Pilas

As pilas usadas deberán segregarse do fluxo de residuos convencional e depositarse en colectores específicos.

Inclúense neste residuo as:
Pilas normais
Pilas de botón

Esixen unha xestión diferenciada porque poden comprometer a recuperación das outras fraccións ou comportar un risco para o medioambiente ou para o resto das persoas.

As pilas son altamente contaminantes e deben de ter un tratamento especial.

Nalgún colector verde e amarelo encontrarás un recipiente vermello para depositar as pilas esgotadas así como en moitos establecementos comerciais encontraranse minicolectores onde poderás deixar as pilas usadas.

En calquera dos dous puntos limpos da cidade de Santiago de Compostela podes depositar igualmente este residuo.

O Concello subministrará gratuitamente os colectores axustados, que serán recollidos, unha vez cheos, logo do aviso telefónico a Urbaser (981565469).

 

pilas

Contenedor de Pilas