Organización

ORGANIZACIÓN DOS SERVIZOS

Para a Organización do Servizo Público de Limpeza Viaria do Concello de Santiago de Compostela, tivéronse en conta os niveis mínimos de servizo de limpezas básicas programadas, onde se divide o ámbito territorial da nosa actuación nunhas zonas en función do seu uso e o seu nivel de ocupación.

A continuación pásase a definir os diferentes Servizos de Limpeza Viaria nos cales se analizan:
.En que consiste o servizo, forma de prestación.
.Que aspectos da limpeza contempla.
.Puntos de especial atención para cada servizo.
.Pautas prohibidas na prestación dos servizos.

Analízanse os rendementos dos equipos e servizos base para a determinación das necesidades. Defínese a composición dos equipos tanto en medios técnicos (maquinaria) como humanos, (dotación de persoal).

Combinando por un lado o estudo de campo, particularidades das rúas e zonas e a análise dos factores involucrados, arborada, aparcadoiros, papeleiras etc. xunto cos rendementos dos diferentes equipos DEFÍNESE a ORGANIZACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA.

Na Organización do Servizo combínanse procedementos e equipos de limpeza para obter unha relación calidade / prezo de servizo óptima.

Todo isto comprende a limpeza viaria de beirarrúas, calzadas, prazas, mercados e zonas en xeral destinadas a uso público. Efectuarase sobre a base de realizar os seguintes traballos:

– PLAN DE SERVIZOS BÁSICOS
Varrido Manual
Varrido Mecánico
Varrido Mixto
Varrido en Brigada
Baldeo Mecánico
Recollida de Residuos

– PLAN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Limpeza de soares e zonas sen urbanizar de titularidade municipal
Plan específico de caída da folla
Plan específico para a tempada de verán, nadal e carnaval
Limpeza de pintadas en fachadas de pedras, vías públicas, mobiliario urbano, etc
Retirada de carteis e pancartas
Limpeza en zonas de ocio nocturno
Limpeza de mercados ao aire libre, mercados, feiras, festas, actos deportivos, zonas de ocio diúrno, instalacións e pistas deportivas
Casos de emerxencia
Limpeza de manchas de graxa e aceite en calzadas
Limpeza intensiva de pavimentos (gomas de mascar, incrustacións en baldosas, etc)
Limpeza de gabias
Limpeza e retirada de excrementos
Limpeza de domingos e festivos
Outros Tratamentos especiais