O Concello lanza un buscador online que facilita a xestión de residuos

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe unha nova web, que ten como obxectivo axudar á cidadanía a que xestione mellor os seus recursos. Trátase do portal ondeotiro.santiagodecompostela.gal, enmarcado na plataforma do grupo de Green Cities ao que pertence Compostela.
Xan Duro explicou que “este novo servizo permitirá que a veciñanza vexa moi simplificada a tarefa de facer unha correcta xestión dos residuos, e que calquera saiba que facer con cada tipo de desperdicio que xera”. Para iso, o buscador online “permítenos indicar cal é o artigo ou residuo do que nos queremos desfacer, e sinálanos o punto máis próximo no que vender, doar ou reciclalo”. Tamén sinala cal é o contedor máis próximo no que temos que depositar desperdicios como papel, cartón, orgánicos ou vidro.

Na web aparecen 24 tipos de residuos diferentes, dende aceite de motor a tintas de impresión, pasando por téxtil e calzado, vehículos fora de uso ou restos de podas vexetais

http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=15314

Publicado en Notícia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>