Normativa

LEI 10/2008, do 3 de novembro, de Residuos de Galicia

Lei de residuos de Galicia establece o réxime xurídico xeral de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia á produción e xestión dos residuos, e fomenta, por esta orde, a súa redución, reutilización, reciclaxe e outras formas de valorización.
Así mesmo, a lei regula aspectos como a planificación autonómica e local, o réxime de autorización administrativa para as actividades de produción, posesión e xestión dos residuos, a repartición de competencias e a regulación dos chans contaminados. Como apoio e garantía da aplicación e efectividade da lei, esta incorpora un réxime de inspección e un réxime sancionador.