Horario y Localización

Punto Limpo Polígono do Tambre

O Punto Limpo do Polígono do Tambre está situado na Vía Edison, número 46, ao lado da nave da empresa Urbaser. É un centro de achega voluntaria de residuos que conta con 19 colectores e que pode ser usado por todos os particulares. O horario de funcionamento é de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 16:30 a 19:30 horas pola tarde. O sábado amplíase o tempo en dúas horas, de maneira que permanece aberto de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30. Para calquera dúbida sobre o Punto Limpo, Urbaser pon a disposición o teléfono 981 565 469. O equipamento conta cun colector para cada tipo de residuo e nel poderanse depositar: entullos; mobles; metais; colchóns; voluminosos. de madeira; material electrónico; electrodomésticos de liña branca (lavadoras, secadoras, conxeladores, etc.); electrodomésticos de liña marrón (televisores, vídeos, cadeas de música, etc.); pneumáticos; restos de podas; vidro; papel e cartón; envases, latas e briks; baterías; pilas; tubos fluorescentes de iluminación; aerosois e sprays; aceites minerais e sintéticos (os usados por exemplo nos vehículos); e aceites vexetais (os de uso alimentario). Destes 19 colectores, os máis grandes chegan aos 25 metros cúbicos. Non se admiten outro tipo de residuos como residuos urbanos orgánicos (é dicir, o que se deposita no colector clásico); medicamentos, tanto líquidos coma sólidos; residuos infecciosos ou clínicos; materiais explosivos e/ou radiactivos; e residuos non identificables.horario punto limpio

Punto Limpo de Piñor

O horario de funcionamento é de luns a venres de 11.00 a 14.00 horas pola mañá, e de 16.30 a 19.30 horas pola tarde. O sábado amplíase o tempo en dúas horas, de maneira que permanece aberto de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30. O Punto Limpo de Piñor, situado no antigo vertedoiro de Piñor, agora selado, conta cun colector para cada tipo de residuo e nel pódense depositar: entullos; mobles; metais; colchóns; voluminosos de madeira; material electrónico; electrodomésticos de liña branca (lavadoras, secadoras, conxeladores, etc.); electrodomésticos de liña marrón (televisores, vídeos, cadeas de música, etc.); pneumáticos; restos de podas; vidro; papel e cartón; envases, latas e briks; baterías; pilas; tubos fluorescentes de iluminación; sprays; aceites minerais e sintéticos (os usados por exemplo nos vehículos); e aceites vexetais (os de uso alimentario); pinturas, varnices e disolventes; radiografías e termómetros, roupa e téxtiles; e cristais planos (tipo parabrisas), ventás e lámpadas. O vertedoiro de Piñor converterase no primeiro de Galicia no que se instalará un sistema pioneiro de aproveitamento do biogás para a produción de enerxía eléctrica.