Punto Limpo Móbil no CEIP Monte dos Postes

Hoxe o Punto Limpo Móbil achegouse ao CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela onde perto de 400 alumnos foron visitando o vehículo compartimentado para recibir o aporte de diferentes residuos.

Durante esta etapa de formación dos escolares os profesores traballan en proxectos de divulgación e de prácticas medioambientais sustentables, para que, unha vez adultos, estes estudantes saiban e coñezan o valor da reciclaxe e se convirta así nun hábito ao longo da súas vidas.

O #puntolimpomobil non deixa de ser outro elemento válido para traballar dun xeito ameno e diferente o tema da reciclaxe na escola facendo partícipes desta actividade aos estudantes, coordinadores e profesores do centro e solucionando as dúbidas que moitas veces nos xorden á hora de tirar os resíduos a un ou outro colector.  #urbaser #limpiezaurbanacompostela

CEIP MONTE DOS POSTES PLM1 CEIP MONTE DOS POSTES PLM2

Limpeza Festas Ascensión 2017

O dispositivo preparado polo Concello de Santiago de Compostela e a Concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo Urbaser S.A. para atender as Festas da Ascensión do ano 2017 garantizou que os cidadáns de Compostela puidesen disfrutar destas festas como é habitual.
Os maiores esforzos centraronse na zona vella, Alameda e Campus Sur así como nos diferentes sectores do ensanche da cidade.

Alameda

Campus Sur Pistas

Campus Sur

Recollida de Plásticos Agrícolas

Os plásticos agrícolas non se poden abandoar sen ser xestionados correctamente. A imaxe de esconder estes residuos entre a maleza dos nosos bosques ou entre os contenedores de residuos sólidos urbanos para evitar ser sancionados pola administraciòn non ten razon de ser.

O Concello de Santiago de Compostela, a travès da empresa concesionaria do servizo Urbaser, ten a disposiciòn dos cidadàns que o precisen un container de grandes dimensiòns no Punto Limpo de Piñor para a correcta xestión destes residuos.


Evitemos a incineraciòn destes residuos de xeito incontrolado e non deterioremos p noso entorno co impacto paisaxístico negativo que supón o abandono dos plásticos agrícolas incontroladamente.

Plásticos Agrícolas

Coida Compostela

Coidar da cidade e coidar tamén o que nos rodea na cidade. Arroxar contenedores as fontes, a pesar da imaxe, non é un acto común en Compostela. Lembra que eles cumpren unha importante función. È importante que non movas os contenedores da sùa ubicación sen autorización para que ao paso do camiòn da recollida poidan ser localizados. Manter os miles de contenedores da cidade non é unha tarefa doada e ten un custo moi importante. 

#Urbaser Coida #Compostela

Grazas

Tecnoloxía Ecolóxica

Coñeces os vehículos eléctricos de Urbaser para axudar no servizo de limpeza viaria de Santiago de Compostela?.

Urbaser incorporou a súa flota vehículos eléctricos da marca Mega absolutamente respetuosos co medio ambiente, ecolóxicos e moi silenciosos.

 Foron escollidos polo seu confort para os operarios e a seguridade dos transeúntes.

 Teñen unha velocidade limitada a 45 km/h e son moi versátiles. 

Levan incoporado un chasis de aluminio basculante e un motor General Electric 4Kw cunha autonomía q pode chegar ata os 100 kms.

Camión Lavacontenedores

Un dos principais problemas a resolver no servizo de recollida de residuos é a correcta limpeza e desinfección dos colectores ubicados nas vías públicas.

Mostramos a con un dos camións lavacontenedores equipado cun sistema integral para realizar esta función.

AVISO RECOLLIDA 24 E 31 DECEMBRO. Nadal 2016

Os días 24 e 31 de decembro serán de descanso para todos os traballadores do turno de noite. En compensación, a xornada correspondente a estos días realizarase os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, en turno de noite.

O SERVIZO DE RECOLLIDA DO LIXO SERÁ OS DÍAS 25 DE DECEMBRO E O DÍA 1 DE XANEIRO A PARTIR DAS 22:30 HRS.

FELICES FESTAS E FELIZ ANO 2017

GRAZAS

Vixilancia contra os vertedoiros incontrolados

Vixilancia contra os vertedoiros incontrolados
No que levamos de ano foron localizados un total de 74 vertedoiros incontrolados no termo municipal de Santiago de Compostela.

Nas últimas semanas, a Policía Local puido identificar aos autores de dous vertidos na antiga escombreira de Aríns e no lugar de Torrente. Os responsables foran contratados por unha veciña de Brión para efectuar labores de limpeza nun galpón, e decidiron desfacerse de diversos obxectos neses dous puntos, de xeito irregular. A Policía Local tamén puido identificar unha empresa responsable dun vertido ilegal no lugar de Pena Corveira, onde apareceron obxectos perigosos e contaminantes. Nos dous casos, estanse tramitando os expedientes de cara a impoñer as sancións oportunas.

Os lugares nos que aparecen os vertidos incontrolados con maior frecuencia, e polo tanto onde hai unha maior vixilancia policial, son A Cruxeira, a Granxa de San Lázaro, Brins (no contorno do circuíto de motocross), a antiga escombreira municipal de Aríns, Figueiras, Villestro, a Estación do Casal, O Porto e Amio (Pena Corveira).

O Concello vén de instalar sinais advertindo da prohibición de tirar lixo e entullos nalgúns destes lugares, en concreto na Cruxeira, Brins, Porto de Conxo, Casal de Laraño, Pena Corveira, e antiga escombreira de Aríns.

O Concello lanza un buscador online que facilita a xestión de residuos

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe unha nova web, que ten como obxectivo axudar á cidadanía a que xestione mellor os seus recursos. Trátase do portal ondeotiro.santiagodecompostela.gal, enmarcado na plataforma do grupo de Green Cities ao que pertence Compostela.
Xan Duro explicou que “este novo servizo permitirá que a veciñanza vexa moi simplificada a tarefa de facer unha correcta xestión dos residuos, e que calquera saiba que facer con cada tipo de desperdicio que xera”. Para iso, o buscador online “permítenos indicar cal é o artigo ou residuo do que nos queremos desfacer, e sinálanos o punto máis próximo no que vender, doar ou reciclalo”. Tamén sinala cal é o contedor máis próximo no que temos que depositar desperdicios como papel, cartón, orgánicos ou vidro.

Na web aparecen 24 tipos de residuos diferentes, dende aceite de motor a tintas de impresión, pasando por téxtil e calzado, vehículos fora de uso ou restos de podas vexetais

http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=15314