Aceites

Os Aceites usados de cociña ou de automoción poderán depositarse no punto limpo ata unha cantidade de 10 l. por persoa ao día. Por enriba desta cantidade deberán de xestionarse a través de xestores autorizados.

Estes aceites pódense depositar nos colectores específicos existentes nos puntos limpos da cidade.

Na Praza de Abastos, algúns centros socioculturais, algúns colexios e centros de hostalaría ten un sistema de recollida suxeito ao convenio asinado polo Concello cun xestor autorizado para este tipo de residuo. Poderán adherirse a este convenio as comunidades de propietarios que así o acorden e que contes cun espazo axeitado para o previo depósito deste residuo.

aceite

Contenedor de Aceite