As brigadas de limpeza comenzaron este primeiro mes do ano 2020 retirando diferentes vertedoiros incontrolados na cidade. Entullos, restos de obras, residuos electrónicos, sofás, rodas….etc son habituais atopalos abandonados sen control nestes lugares .
A admistración segue facendo labores de vixiancia e inspección para tentar minimizar a aparición de vertedoiros ilegais e a súa aparición está perseguida, sen ese abnegado traballo a proliferación dos mesmos iría en aumento e afortunadamente non é así.
Aquí, na imaxe, pódese observar a unha das brigadas traballando en equipo para retirar o foco de contaminación nun vertido próximo ao cauce dun río e deixando a zona novamente limpa sen ningún residuo nen risco para a saude pública e degradación da paisaxe. A colaboración da cidadanía e fundamental para evitar a proliferación de vertidos incontrolados no noso entorno.