O Uso de Contenedores

Nos último anos as cidades veñen experimentando un desenvolvento importante e os servizos públicos ténense que adaptar as novas circunstancias. O servizo municipal que nos ocupa atende principalmente a limpeza e a recollida de residuos e a xeración de estes residuos asociado as novas formas de consumo demanda un esforzo para poder atender as necesidades existentes no municipio de Santiago de Compostela.

O esforzo realizado pola administración para a colocación de colectores en toda a cidade, ter un sistema de recollida de uso colectivo e de usos exclusivo ou particular  e atender ben as localizacións non é tarefa doada nin económica. Existen normas de uso e utiliación dos mesmos que todos debemos de respetar e se movemos ou transladamos colectores da súa ubicación habitual sen autorización supón moitos perxuizos.

contenendor no homologado

Depositar residuos ordinarios nos colectores non homologados polo concello ou depositar residuos ordinarios sen os separar nas correspondentes fraccións son actitudes pouco cívicas e temos que ser conscientes que non todo vale hoxe en día.