Durante as Festas do Apóstolo 2018 tratouse de reforzar os servizos ordinarios da mellor forma posible, incrmentando medios humanos e técnicos, redoblándo os esforzos do personal de Urbaser para tratar de deixar a cidade limpa no menor tempo posible.
As diferentes brigadas de limpeza, o servizo de recollida do lixo e todos os medios disponiveis cubriron un dispositivo especial para atender aquelas necesidades que se tiñan contempladas e outras que foron xurdindo e que compría dar resposta inmediata.
Especialmente laborioso foi o servizo durante a noite do 24 ao 25 de Xullo onde a limpeza intensificouse no casco monumental dende as 03 am. , e na alameda, no ensanche e no campus sur dende as 07 am ata finalizar a xornada.
O apoio das máquinas baldeadoras e barredoras así como o reforzo da recollida do lixo foi tamén fundamental tras unha xornada onde a xente disfrutou das festas ata as primeiras horas do día 25 e ao longo de toda esa xornada.