DOBLE RECOLLIDA LIXO NO CASCO HISTÓRICO

Dende o día 15 de xuño ata o 15 de setembro do 2018 como todos os anos farase a doble recollida do lixo no casco histórico compostelán.

Como consecuencia do incremento da actividade comercial e hostelaría na tempasa de verán e có obxectivo de mellorar a limpeza das rúas se reforza este servizo de recollida do lixo.

Os residuos deberán sacarse á rúa sempre en bolsas pechadas e dentro dos colectores existentes có seguinte horario:

1.- VIVENDAS PARTICULARES E COMERCIOS A PARTIR DAS 20:30 HORAS.

2.-LOCAIS DE HOSTELERÍA A PARTIR DAS 01:00 HORAS.

Para que esta doble recollida obteña os mellores resultados precisamos a vosa colaboración no cumprimento da norma e horario.

A RELACIÓN DE RÚAS E PRAZAS CON DOBLE RECOLLIDA SON AS SEGUINTES:

San Francisco, Obradoiro, Fonseca, Praterías, Conga, Xelmirez, Rúa Nova, Toural, Bautizados, Franco, Raíña, Rúa do Vilar, Rodrigo de Padrón, San Clemente, Trindade, Hortas, Pombal e Carretas.

Grazas.