COLECTOR VERDE
De acordó co sistema de recollida implantado para os residuos urbanos en Santiago de Compostela os residuos correspondentes a MATERIA ORGÁNICA+FRACCIÓN RESTO tamén se teñen que separar en orixe para proceder a súa correcta xestión. Lembra este contenedor é de cor Verde na cidade.
Pero sabemos ou coñecemos, ¿qué se pode depositar neste contenedor?
A este colector apórtanse os residuos que non se engloban en ningunha recollida selectiva e inclúe, entre outras, restos de alimentos sen envases, restos de carne, restos de peixe, restos de froitas e verduras, restos de mariscos, ósos, componentes de celulosas, excrementos de animais domésticos, pelo, papeis e cartóns impregnados de fluídos orgánicos, tapóns de corcho, cerillas e restos de inertes non recollidos selectivamente.
Lembra que o que nunca debemos botar a este colector son: pilas e baterías, electrodomésticos, aceites, vidro ou envases.