QUÉ DEPOSITAR EN CADA COLECTOR: ENVASES LIXEIROS

Unha carencia que dende fai tempo estamos intentando suplir co esforzo de todos os cidadáns é unha xestión de residuos mais eficientes e responsable. Lembra que o contenedor de envases lixeiros é o amarelo.

Dentro dos envases lixeiros podemos identificar 3 grandes grupos.

ENVASES DE PLÁSTICO (Botellas de auga, aceite, refrescos…, envases de limpadores, suavizantes, xampús, iogures, bolsas e outros envoltorios).

ENVASES METÁLICOS (Latas de bebida e de conserva, tapas metálicas de botes e botellas, papel de aluminio)

BRICKS (Cartóns de leite, zume, viño).

Sempre que sexa posible dobra os envases para reducir o volume e para que sexan mais doados de manexar; Cando sexan botellas de plástico, primeiro quítalles o tapón e logo unha vez encartados vólvellelo a poñer, deste xeito ocuparán menos e gañaremos espazo evitando que o lixo acabe polo chan por falta de espazo.

LEMBRA O que nunca debemos botar !!!: materia orgánica, envases de vidro, papeis e cartóns, electrodomésticos, biberóns, luvas de goma, tixolas, pilas nin cintas magnéticas.

RECICLAR PARA MELLORAR A CIDADE.

ENVASES LIXEIROS