Limpeza de Herbas

A retirada das herbas adventicias coñecidas popularmente como “malas herbas” están proliferando nas cidades, son grandes colonizadoras e temos a sensación de que o fenómeno vai en aumento pola facilidade de adaptación que teñen, asoman polas beirarrúas, polos marxes das calzadas, etc. e presentan un grande desafío para os equipos de limpeza urbana da cidade.

Prácticas habituais como eran a aplicación de produtos fitosanitarios para o seu control  están sendo restrinxidos e a administración en moitos casos prohibe o uso de herbicidas con base de glifosato nos entornos urbanos; as alternativas probadas polos equipos de Urbaser non conseguen paliar do mesmo xeito e coa mesma eficacia a proliferación desas herbas o que dificulta o rendemento das brigadas.

Os desbroces mecánicos con desbrozadora ou o arranque das herbas de forma manual cos recursos humanos dispoñibles, xeralmente son insuficientes para manter as rúas libres de herbas na nosa cidade.

A necesidade de respectar o medio ambiente está fóra de toda dúbida e a colaboración cidadá é unha medida fundamental ante a velocidade coa que medran estas herbas.

Abaixo pódese ver unha actuación na cidade de Compostela.

Herbas