Monthly Archives: F Y
Punto Limpo Móbil no CEIP Monte dos Postes
Hoxe o Punto Limpo Móbil achegouse ao CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela onde perto de 400 alumnos foron visitando o vehículo compartimentado para recibir o aporte de diferentes residuos.
Durante esta etapa de formación dos escolares os profesores traballan en proxectos de divulgación e de prácticas medioambientais sustentables, para que, unha vez adultos, estes estudantes saiban e coñezan o valor da reciclaxe e se convirta así nun hábito ao longo da súas vidas.
O #puntolimpomobil non deixa de ser outro elemento válido para traballar dun xeito ameno e diferente o tema da reciclaxe na escola facendo partícipes desta actividade aos estudantes, coordinadores e profesores do centro e solucionando as dúbidas que moitas veces nos xorden á hora de tirar os resíduos a un ou outro colector. #urbaser #limpiezaurbanacompostela