O servizo municipal de recollida selectiva axuda á realización das seguintes actuacións:
Recollida, traslado e baleirado dos colectores de cada fracción en vehículos de recollida.
Devolución dos colectores unha vez baleirados ao punto orixinario.
Retirada dos restos vertidos na vía pública como consecuencia destas operacións e limpeza no caso de ser necesario.
Transporte e descarga dos residuos na Planta de Transferencia de Formarís ou no lugar ou instalación deaignada polo Concello.