Xestión responsable de residuos. 

Os contenedores soterrados da cidade de Santiago de Compostela presentan unha nova imaxe grazas o sistema de paneles implantado por Urbaser e o Concello para mellorar a súa identificación e evitar as confusións á hora de facer as aportacións por parte dos cidadáns.

Dende fai uns días os contenedores soterrados da cidade presentan unha imaxe renovada que tenta permitir unha correcta identificación das diferentes fraccións: 

  • verde-vidro
  • azul-papel e cartón pregado
  • amarelo-envases lixeiros
  • marrón-materia orgánica e resto.

Esta acción está encamiñada a mellorar a recollida selectiva e facilitar a identificación a todos os usuarios. 

Ata agora as diferentes illas soterradas tiñan perfectamente identificados os contenedores de materia orgánica+resto coa cor marrón e a de envases lixeiros coa cor amarela. Completándose agora así a rotulación integral de todas as illas cas cores verde e azul para os contendores de vidro e papel/cartón pregado como se pode ver na fotografía.

Lembramos tamén o importante que é atender o horario de depósito de residuos e avisar para a recollida de enseres durante o ano enteiro.