Dende Urbaser solicitamos a vosa colaboración como cidadáns xa que é indispensable depositar cada obxecto no contedor axeitado. Lembra que para poder reciclar é necesario separar.
No Contedor Verde ou Iglú podo botar botellas, botes, tarros e frascos todos eles cando sexan sempre envases de vidro. Todos eles compre que sexan previamente enxaugados e se aporten sen tapóns, tapas e chapas.
Introduce sempre o vidro dentro do contedor e non o abandones fora ao pé do contenedor xa que así tamen evitas roturas, manchas e outas molestias.
Separao correctamente e non mistures o Vidro na bolsa de materia orgánica ou envases lixeiros, deste xeito tamén estarás evitando cortes que poidan producirse por restos presentes no lixo á hora de xestionar os residuos.
O Vidro é un elemento 100% reciclable e ten moitas vidas.
Grazas pola vosa colaboración.