Fregado de Beirarrúas e Zonas Peonís Públicas.
Esta operación de fregado mediante unha máquina fregadora permite arrincar ou desincrustar case calquera suciedade adherida ao pavimento permitindo devolverlle ao chan as
características de cor e limpeza orixinais como se pode comprobar na imaxe engadida a continuación.
Este labor que, permite facer limpezas en profundidade, realízase nas zonas céntricas e prazas da zona nova de Santiago de Compostela. Achega á súa vez a vantaxe de que non é necesario utilizar ningún produto químico xa que simplemente coa presión de auga é capaz de mellorar notablemente a imaxe das rúas compostelás.
A utilización da fregadora compleméntase ás tarefas habituais de limpeza das rúas que se levan a cabo diariamente, como a limpeza viaria mediante varrido manual que efectúan os barrenderos ou o paso dos diferentes vehículos (varredoras e lavabeirarrúas) que retiran das rúas a terra, cabichas ou excrementos que poidan acharse no chan da vía pública.